Primeiro premio no concurso para a sinalización do Camiño de Santiago por mar, Xacobeo 2021

A proposta busca crear un fito que sinale o Camiño de Santiago e que, grazas ao seu valor escultórico, nos axude a asomarnos a esa multitude de rumbos ondulantes que o mar ofrece cara a un mesmo destino. Trátase dunha peza curva que, ademais, evoca tamén o perfil costeiro de Galicia, o seu perfil de montañas e ríos que conflúen no mar, así como os propios camiños que entran en Galicia con curvas sinuosas para se adaptaren á nosa topografía.

Diaz Diaz - Señalización del Camino de Santiago por mar