Proxecto CER
Vivenda unifamiliar en Cerceda, A Coruña

Este proxecto parte dunha obra xa iniciada, coa estrutura correspondente ao proxecto orixinal previamente executada.
A parcela, á que se accede desde a zona norte, presenta unha lixeira pendente ascendente ata alcanzar a cota de implantación da vivenda. A edificación oriéntase segundo os seus eixes principais norte-sur e leste-oeste.
Info
Na planta baixa sitúase o acceso principal polo lado norte, cun vestíbulo que se abre cara á cociña-comedor. A través dun corredor accédese á zona de dormitorios, que conta cun baño e un aseo. Na zona sur sitúanse o salón e o comedor, configurados como un espazo de dobre altura que se comunica coa planta superior mediante unha escaleira dun único tramo situada no salón.
Na planta superior localízanse un despacho, o dormitorio principal con vestiario e baño, e unha terraza aberta cara ao oeste. O salón-comedor concíbese como unha zona máis transparente e acristalada, que se abre cara á terraza exterior mediante carpintarías corredeiras, permitindo establecer unha conexión directa coa piscina.
LOCALIZACIÓN
Cerceda, A Coruña
CLIENTE
Privado
ANO
2018
ARQUITECTOS
Díaz & Díaz Arquitectos
ARQUITECTO TÉCNICO
Pablo Sanjurjo Morodo
FOTÓGRAFO
Wifre Meléndrez



