
Portos de Galicia, a través dun concurso, encárganos o deseño dun obxecto que identifique o Camiño de Santiago por mar para o Ano Xacobeo 2021, que culmina coa celebración da festividade de Santiago Apóstolo o 25 de xullo.
Como apaixonados do mar e da navegación, este encargo converteuse en algo moi especial para nós e, desde o primeiro momento, intuímos que debiamos afastarnos da figura tradicional para deseñar unha peza útil que tamén axudase á reflexión.
Os primeiros bosquexos estaban encamiñados a deseñar un banco ou diván que orientase no camiño e que, grazas ao seu valor escultórico, nos invitase a asomarnos a esa multitude de rumbos ondulantes que o mar ofrece cara a un mesmo destino.
Comezamos con formas rectas ata chegar a unha peza curva que, ademais, evocase o perfil costeiro de Galicia, o perfil das súas montañas e ríos que conflúen no mar, ou os propios camiños que entran en Galicia mediante curvas sinuosas para adaptarse á nosa topografía.
Finalmente, depurouse un trazo sinxelo e elegante do que se puidese extrapolar un pin ou logotipo que identificase Galicia e o Camiño do Mar.










Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas características e funcións.