Proxecto VAL

74 Vivendas de promoción pública en Valdecorvos, Pontevedra

Díaz & Díaz Arquitectos - Vivienda colectiva de protección_madera_Valdecorvos

O conxunto de vivendas de promoción pública de Valdecorvos propón unha arquitectura orientada a crear unha contorna residencial de calidade, integrando arquitectura, paisaxe e sustentabilidade. Situado nunha das principais áreas de expansión de Pontevedra, xunto a espazos verdes como o Parque das Regas, a proposta establece unha relación directa entre as vivendas e a súa contorna natural.

A ordenación desenvólvese mediante catro edificios exentos: o bloque 1, de planta cadrada, e os bloques 2, 3 e 4, de planta rectangular. A súa disposición favorece a entrada de luz natural, a ventilación cruzada e a permeabilidade visual, xerando entre eles espazos libres que funcionan como conectores e lugares de encontro, descanso e convivencia.

Os edificios adáptanse ao trazado da Rúa Prado Novo mediante lixeiros xiros entre si. A imaxe arquitectónica combina tres materiais principais: chapa metálica minionda no zócolo común, sistema SATE nas plantas superiores e madeira en terrazas, balcóns e outros elementos exteriores. Esta combinación achega unha imaxe unitaria e, ao mesmo tempo, cálida e vinculada á contorna.

A relación entre arquitectura e natureza esténdese ás propias vivendas. As plantas baixas contan con xardíns privados e as superiores con amplas terrazas, favorecendo a continuidade entre os espazos interiores e exteriores nas 74 vivendas que conforman o conxunto e proporcionando unhas condicións axeitadas de confort e calidade de vida. A madeira achega, ademais, calidez e unha escala máis humana, favorecendo a integración paisaxística e contribuíndo aos obxectivos de sustentabilidade da proposta.

En conxunto, o proxecto aposta por un modelo de construción eficiente, sostible e de baixo mantemento, mediante unha arquitectura estreitamente relacionada co lugar e orientada a xerar unha contorna residencial integrada, habitable e comunitaria.

LOCALIZACIÓN

Valdecorvos, Pontevedra

CLIENTE

Instituto Galego da vivienda e solo

ANO

2026

ESTADO

Construido

ARQUITECTOS

Díaz & Díaz Arquitectos

ARQUITECTO TÉCNICO

Juan Antonio Villanueva Ruiz, Manuel Rañó Rodríguez

FOTÓGRAFO

Héctor Santos Díez

CONSTRUTORA

Copasa

PREMIOS

Primeiro premio para a redacción e dirección do proxecto de 74 vivendas en Valdecorvos, da Xunta de Galicia