Primeiro premio para a nova Delegación da Xunta de Galicia en Ourense, en colaboración con Castroferro Arquitectos

Primeiro premio no concurso de ideas con intervención de xurado, a nivel de anteproxecto, para a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense, en colaboración co estudio Castroferro Arquitectos.

Trátase dun edificio de preto de 30.000 m², con capacidade para 700 traballadores. Entre os usos complementarios contará cunha oficina de correos, unha escola infantil e unha cafetería.

No seu contacto coa rúa, a proposta libera un 32 % da superficie da parcela para incorporala ao espazo público da cidade. A vontade é establecer un vínculo de uso e integrar o edificio administrativo na súa contorna inmediata, caracterizada pola presenza de vivendas e equipamentos vinculados á universidade.

Diaz Diaz - Edificio administrativo de la Xunta de Galicia en Ourense