Novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense

Díaz & Díaz Arquitectos - Edificio administrativo de la Xunta de Galicia en Ourense

Primeiro premio no concurso de ideas con intervención de xurado, a nivel de anteproxecto, para a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense, xunto con Castroferro Arquitectos.

A proposta estuda o equilibrio desexado entre a área da parcela que se edifica e a área que se libera. A nivel de cidade, é crucial a relación cheo/baleiro que un equipamento público establece coa súa contorna. No seu contacto coa rúa, a ocupación do edificio libera un 32 % do espazo para incorporalo ao espazo público da cidade.

A vontade da proposta é establecer un vínculo de uso e contextualizar o edificio administrativo nunha contorna inmediata de vivendas e equipamentos relacionados coa universidade.

Búscase a funcionalidade e a accesibilidade ao edificio, de maneira que se favorezan as boas prácticas de traballo e un bo servizo ao público.

A clara diferenciación dos accesos, que se consegue mediante a adaptación do edificio á topografía do lugar, é un aspecto clave da proposta, xa que se combinan usos tan variados como oficinas, un arquivo que lles dá servizo, unha cafetería aberta ao público e un auditorio, entre outros.

A racionalidade das instalacións do edificio aposta pola protección do medio ambiente, a eficiencia enerxética e a innovación tecnolóxica. Proponse a xeotermia como solución para a instalación de climatización, así como cubertas axardinadas ecolóxicas e instalacións fotovoltaicas.

LOCALIZACIÓN

Ourense

CLIENTE

Xunta de Galicia

ARQUITECTOS

Díaz & Díaz Arquitectos, Castroferro Arquitectos

INFÓGRAFO

Studio JAM

PREMIOS

Primeiro premio para a nova delegación da Xunta de Galicia en Ourense